Ola son Paula Serra e esta semana teño unha noticia que nos incumbe a todos os españois, xa que a maioría de nós nos encontramos expostos a este problema e moitas veces sen tan si queira sabelo.

RESPIRAR TAMÉN MATA

2699308807_dc64910789

Os estudos que se realizaron ultimamente demostran que o aire que respiramos en España supera os máximos permitidos polo Unión Europea. O noso país será sancionado pola U.E. pola infracción cometida contra o planeta e os seus habitantes.
O 89% das cidades con máis de 100.000 habitantes superan os niveis admisibles de pequenas partículas en suspensión (PM 10) e de óxidos de nitróxeno (NO2), dous dos principais contaminantes do aire, o que fai que a maioría dos españois que vivamos nestas cidades esteamos expostos a sufrir graves problemas respiratorios, cardiovasculares, asma, alerxias, etc.
Este problema provoca a morte prematura de 16.000 persoas ó ano. A contaminación atmosférica provoca 16.000 mortes ó ano en España, o que supón dez veces máis cos falecementos por accidentes de tráfico, segundo un informe sobre a contaminación en España realizado pola organización ecoloxista Greenpeace.
No 11% restante están as cidades Donostia, Badaxoz, Palma de Mallorca e Cartaxena, que cumpren a normativa.
Os automóbiles, as canteiras, o po ou as caldeiras de carbón producen partículas microscópicas que chegan ós pulmóns y afectan ó aparello circulatorio e respiratorio. A concentración media anual non pode superar os 40 microgramos por metro cúbico e a normativa permite pasar dos 50 microgramos/m3 durante 35 días ó ano (xa que a veces as condicións meteorolóxicas impiden que se limpe o aire). Así, aínda que moitas cidades cumpren o límite anual, a inmensa maioría incumpre o dos 35 días. En 2006, Madrid superouno durante 182 días (un de cada dous), como di un estudo de Ecoloxistas en Acción con datos oficiais. Barcelona o superou 100 días e Zaragoza, 167.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s